COMITÉ BRETAGNE-GALICE Kevredigezh Breizh-Galiza Asociación Bretaña – Galicia
Home » AMIGOS EN BRETAÑA

AMIGOS EN BRETAÑA

PAGINA EN CONSTRUCCION

INSTITUTO CULTURAL DA BRETAÑA (I.C.B)  

 ¿QUÉ É O INSTITUTO CULTURAL DA BRETAÑA? 

 A misión confiada en 1981 ao Instituto polas coletividades públicas (Estado, rexión e os cinco departamentos*) concerne á cultura bretona en tódalas súas formasEsta pluridisciplinariedade fixo do ICB unhaacademia popular da cultura bretona organizada en seccións, tendo cada unha o seu ámbito particular de interese:

Prehistoria e Arqueoloxía, Historia, Relixión, Antropoloxía, Xeografía, O mar e os homes, Protección da natureza e o medio ambiente, Relacións intercélticas e internacionais, Arte e Arquitectura, Deportes e Xogos, Música e Danza, Línguas e linguísticas, Literatura escrita, Literatura e expresións orais, Mocidade e Educación, Economía e Cultura, Dereito e institucións, Centro de Comunicación e Relacións Públicas.

As súas actividades son, en consecuencia, variadas e múltiples:
-Reunións de traballo das seccións, organización de coloquios e manifestacións como osContacontos da Bretaña
-Entrega anual do Colar de Armiño a catro persoeiros distinguidos.
-Presencia en numerosos salóns.
-A Casa da Historia /Ti an Istor e os seus obradoiros (lugares de Historia, páxina webwww.histoire-bretagne.com)
-A Mediateca do Armiño / Mediaoueg an Erminig biblioteca dixital de 6500 obras de tema bretón e céltico.
-Publicación das revistas Lizher'Minig Sterenn, así como as actas dos coloquios (Cadernos do Instituto) e documentos diversos.
-A plataforma web www.culture-bretagne.org (dentro de pouco seis páxinas web integradas)
-As accións formativas
-A participación en cooperación con outras estruturas do movemento cultural bretón nas accións de defensa e de promoción da nosa cultura e da nosa identidade.

* A Bretaña componse de cinco departamentos:Loire-Atlantique (Nantes/Naoned),Morbihan(Gwened/Vannes),Finistère(Kemper/Quimper), Côtes-d'Armor (Sant-Brieg/St-Brieuc), Ille-et-Vilaine (Rennes/Roazhon). A “Rexión Bretaña” so inclúe os catro derradeiros departamentos citados.                                                                                                            

Contactos: Skol-Uhel ar Vro- Institut Culturel de Bretagne: 
Ty ar Vro - Rue de la Loi
56000 GWENED-VANNES

Enderezo electrónico: icb.suav@wanadoo.fr Teléfono: 02 97 68 31 10

 

PERIODICOS:

Ouest-France:

Le Télégramme: