COMITÉ BRETAGNE-GALICE Kevredigezh Breizh-Galiza Asociación Bretaña – Galicia
Home » ACTUALIDADES

ACTUALIDADES

AR REDADEG : UNHA CARREIRA A PROL DA LINGUA BRETOA.

AR REDADEG : UNHA CARREIRA A PROL DA LINGUA BRETOA. - COMITÉ BRETAGNE-GALICE

  

Ar Redadeg é unha carreira a prol da lingua bretoa que parte desde o cabo de Beg ar Raz (Pointe du Raz) no Fisterra bretón o día 17 de maio.

 

Atravesa a Bretaña toda sen parar, nin de día nin de noite, percorrendo un total de 2.222 quilómetros.

 

Este ano, como novidade, o evento reviste tamén un cariz internacional.

 

A Asociación Breizh Galiza vai mercar un quilómetro que se desenvolverá na Alameda compostelá a partir das 11:00 da mañá e editaranse unhas camisolas que estarán á venda ese día.

 

O prezo do quilómetro é de 150,00 € para as asociacións e o diñeiro recadado, que ascenderá a un millón de euros, será entregado ás escolas Diwan e a diversos proxectos comprometidos coa promoción da lingua bretoa.

 

Trátase dunha carreira festiva de remudas que leva á cabeza un testemuño que se vai pasando de man en man entre xs principais participantes. O testemuño leva unha mensaxe no seu interior á cal dará lectura o músico Alan Stivell ao remate da carreira que terá lugar na vila de Montroulez (Morlaix).

 

 

 - COMITÉ BRETAGNE-GALICE

Dende a Delegación galega do Festival Intercéltico de Lorient queremos anunciar a toda a delegación que nos representará en Bretaña do 12 o 18 do próximo mes de agosto: Carlos Nuñez, Banda de gaitas Arume de Malvas, Grupo de música de baile  tradicional Rebulir, Caldo, María López, Manu Seoane, Laura Iglesias, Xaime Beiro, Ismael García del Río, Adrian García García, Felipe Rey Castro, Xesús Rodríguez Callejón, José Manuel López, Lucía Comesana.

As literaturas francófonas protagonizan unha exposición na Facultade de Filoloxí

As literaturas francófonas protagonizan unha exposición na Facultade de Filoloxí - COMITÉ BRETAGNE-GALICE

Unha viaxe diversa e enriquecedora coa que dar a coñecer as letras francófonas”. Así describen as investigadoras Blanca Miranda, Virginia Ripoll e Carla Figueiras a mostra Voyage à Travers les livres, unha exposición de libros francófonos que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución desde esta semana ata o vindeiro 12 de abril, “unha oportunidade excepcional para explorar a riqueza literaria da lingua francesa e descubrir novos horizontes a través da palabra escrita”.

 Organizada coa colaboración  do alumnado dos graos en Linguas Estranxeiras e Tradución e Interpretación, a mostra ofrécelle ao público a oportunidade de mergullarse no amplo abano das literaturas francófonas, cunha coidada selección de medio cento de libros. “A exposición busca pór en valor a creatividade e as expresións singulares e diversas da lingua francesa”, explican as coordinadoras no texto de presentación da mostra, onde tamén fan fincapé en que “abarca diferentes xéneros e estilos de obras contemporáneas”.
 Esta iniciativa enmárcase en dous eventos significativos: o quart d'heure de lecture national (cuarto de hora de lectura nacional), que promove a idea de dedicar ese anaco de tempo diario á lectura, e a Semaine de la langue française et de la Francophonie, iniciativa que botou a andar en 1995 por impulso do ministère de la Culture e que se organiza cada ano arredor do 20 de marzo, Día Internacional da Francofonía. “É un momento especial para as múltiples culturas e identidades que celebra a diversidade e vitalidade das comunidades francófonas”, explican as coordinadoras.

                                                                               Universidad de Vigo               https://www.uvigo.gal/