ÁS NEVES - LEGE
A bisbarra de Légé está situada no sur do "département" (= provincia) de Loire Atlantique moi preto da Vendée. Pertence á Bretaña histórica, no País de Retz. Légé conta uns 4000 veciños sendo alcalde o Señor Jean-Claude Brisson. A web da cidade é: www.ville-lege44.fr
Ás Neves está a uns 40 kms de Vigo, no sur da provincia de Pontevedra, ao longo do Miño que é a fronteira con Portugal.
A "Association culturelle deas Amis de la Loire Atlantique" contribúe ao desenvolvemento dos intercambios entre os dous municipios. Organiza cursos de francés, intercambios escolares e moitas actividades como charlas, exposicións, viaxes... para dar a coñecer as beiras do rio Loire. A presidente é a Señora Belén Jorge Estévez. O alcalde é o Señor Raúl Emilio Castro Rodríguez.
Web: www.asneves.com correo.asneves@fegamp.es
--------------------------------------------
ÁS PONTES DE GARCIA RODRIGUEZ - LESNEVEN
Asinado en 1991, o irmandamento entre As Pontes e Lesneven é un dos máis activos. Os intercambios son moi regulares.
Lesneven pertence á "Communauté de Communes du Pays de Lesneven et da Côte deas Légendes" no norte do Finistère. Conta uns 7.300 habitantes. As súas riquezas turísticas son: o museo do León, a zona urbana antiga con edificios dos séculos XV-XVII. Ten un centro escolar de 4.500 alumnos, unha piscina, unha mediateca, deportivos... Cada ano organízanse un curso internacional de aikido en xullo, encontros históricos en outubro. A irmandade reúne 90 socios, dá cursos de castelán, organiza intercambios escolares e culturais. O presidente é Claude Le Menn. Contacto: lesnevenaspontes@aol.com
Ás Pontes de Garcia Rodriguez situada no nordés da provincia da Coruña, moi preto da de Lugo, mide 249 km2 e conta 11.400 habitantes. A actividade económica é industrial e ten unha planta eléctrica ENDESA, unha fábrica de eólicos, e moitas Pemes que empregan unhas 3.000 persoas. A agricultura e o gando son dous sectores importantes. As feiras (dous cada mes) remóntanse ao ano 1788 cando foron restablecidas polo rei Carlos IV. Turismo: posúe un importante museo etnográfico situado no colexio Monte Caxado. As festas que destacan son as do Carmen, a "Romaxe da Fraga" (de interese turístico) e festas gastronómicas como a "Feira del Grelo", a de "Fungos e Cogumelos". O parque Natural de Fraga do Eume constitúe unha das máis importantes reservas do Atlántico.
Actividades culturais: a cidade conta unha centena de asociacións culturais, deportivas, sociais que propoñen moitas actividades ao longo do ano. Hai un auditórium de 500 asentos, unha Casa de Cultura cunha sala de 300 asentos. Polo lado deportivo: un estadio, catro ximnasios que permiten practicar o futbol, o tenis, a vela...
A irmandade reúne uns 200 afiliados. Ademais dos intercambios con Lesneven, a irmandade organiza moitas actividades entre as cales o "Día da Terra", conferencias, encontros, exposicións, propón cursos de francés e de inglés.
A cidade está tamén irmandada con Carmarthem (País de Galles), Regueiro da Laranxeira (Cuba) et tres municipios de Galicia: Ortigueira, Ferrol e Viveiro.
O Presidente da Irmandade é Antón Ferreiro. Contacto: irponlescar@hotmail.com
------------------------------------------------------------------
BAIONA - PORNIC
O irmandamento foi asinado en 1997. Os dous municipios teñen afíns comúns.
Están a beiras do mar, con 14.000 habitantes.
Baiona situada na ría de Vigo entre dúas penínsulas que protexen o porto onde o 10 de marzo de 1494 deitou a carabela "A Pinta" unha das tres da armada de Cristóbal Colon. Cada ano celébrase a Festa da Arribada do seu capitán Martin Alonso Pinzón. En Maio 2010, un grupo do Comité Bretagne-Galice con Marie Savariau, presidente dela sección "España" dos irmandamentos de Pornic foi recibida a bordo da Pinta por Avelino Sierra Fernández, historiador quen realizo a réplica do barco-museo para o V°centenario do descubrimento do Novo Mundo. Hoxe en día, tanto o porto pesqueiro coma o deportivo énchense de actividades. A cidade ten unha zona antiga medieval con moitas cas con brasóns. A colexiata gótica domina a cidade.
Web de Baiona: www.baiona.org
Web do Comité de Irmandamento dePornic: www.jumelage-pornic.com
* Contact: Marie Savariau: info@jumelage-pornic.fr
-------------------------------------------------------------
CAMBADOS - MONT SAINT-MICHEL
O Comité de irmandamentos europeos da Baía do Mont Saint Michel naceu en 1996. Reúne os municipios da Baía: Cherrueix, Hirel, Mont Dol, Le Vivier sur Mer, Dol de Bretagne e Baguer-Morvan. É un irmandamento triangular con Cambados e Carndonagh (Irlanda).
A web é: www.camba6jum.com
A Présidente: Elisabeth Martínez: elisabeth.martinez21@wanadoo.fr
A beiras da Ría de Arousa, Cambados ten unha zona antiga con casas con brasóns e moi bonitos hórreos. Moi preto están as ruínas da igrexa Santa María de Dozo (Século XII). En Cambados celébrase cada ano a Festa do Albariño, o viño máis famoso de Galicia
-----------------------------------------------
CORCUBION - GAVRE
O Comité de Irmandamentos de Gavres (Loire Atlantique) chámase ASAE ( Association deas Amis de l'Europe) como en Corcubion (Asociación dos Amigos de Europa). Corcubion, porto pesqueiro conta 2.000 habitantes e Gavres 1.300. Presidente d'ASAE: Blandine Pavageau.
---------------------------------------------------
FOZ - TREGASTEL
Dous municipios a beiras do mar. Trégastel está na Costa de Granito rosado con estrañas rochas. Presidente do irmandamento: Mr André Squeren dederosy@orange.fr
Contacto en Foz: Xaime Cancio, xaimecancio@edu.xunta.es
-------------------------------------------------------------
OURENSE - QUIMPER
O irmandamento foi asinado en 2006. O Comité de Quimper, presidido por Jean-René Dagouat é moi activo como se pode ler no blog http://ourensequimper.blogspot.com Intercambios escolares, economicos, e moitas actividades ao longo do ano (cursos, faladoiros, cine, cociña...). Contacto: Jean-René Dagouat: jeanrene.dagouat@wanadoo.fr
------------------------------------------------------------
SARRIA - MUR DE BRETAGNE
O irmandamento foi asinado en 1998.
Mur, preto de Pontivy, conta uns 3.500 habitantes. O Comité de Irmandamentos, presidido por Louise-Anne Le Gac e Philippe Remaud é moi activo: organiza moitos intercambios regulares, dá clases de castelán.
Web: www.murdebretagne.net
Contacto: louiseanne.le-gac@ac-rennes.fr remaudph@orange.fr
Sarria (13.000 habitantes) está a 25 kms ao sur de Lugo. Alcalde: José López Garcia. Web: www.sarria.es
---------------------------------------------------