COMITÉ BRETAGNE-GALICE Kevredigezh Breizh-Galiza Asociación Bretaña – Galicia
Galicien
FrançaisEspagnolGalicien

BENVIDA A BRETAÑA !

BENVIDA  A  BRETAÑA ! - COMITÉ BRETAGNE-GALICE

 Benvida sobre o noso sitio web do Comité Bretagne-Galice. Encontre igualmente os dous meses as informacións sobre a vida dos emparellamentos, a actualidade sobre o noso blog http://bretagnegalice.blogspot.com E para contactarnos, pode utilizar o formulario ou a dirección bretagne.galice@gmail.com

                                                 O Comité Bretaña-Galice

FRANÇOISE DUBOSQUET NOMEADA CONSUL HONORARIA DE ESPAÑA EN BRETAÑA

FRANÇOISE DUBOSQUET NOMEADA CONSUL HONORARIA DE ESPAÑA EN BRETAÑA - COMITÉ BRETAGNE-GALICE

 .Docente da Universidade de Rennes 2, Françoise Dubosquet é especialista da España contemporánea e responsable do curso internacional do Máster ETILA (Estudos Ibéricos e Latinoamericanos) en colaboración coa Universidade Autónoma de Madrid.

 En decembro do 2020, foi nomeada Cónsul Honoraria de España en Bretaña e Loira Atlántico. Toma o relevo de Jean-Pierre Sánchez que ocupou esta función durante quince anos.

Jean-Pierre Sánchez (e outros) foron destes profesores que permitiron o descubrimento profundo, cultural e histórico de España e América Latina. A Jean-Pierre Sánchez, débolle moito, e tiven o pracer de invitalo a Vannes a varias conferencias. Sen él, a nosa Asociación non sería a que é.

 D. Javier Herrera, Cónsul Xeral de España en París, entregoulle varias distincións en nome do Estado español, mais por culpa da covid, a cerimonia tivo lugar soamente en presencia dalgúns familiares e autoridades.

 Dámoslle as grazas de novo a Jean-Pierre Sánchez e transmitímoslle a benvida a Françoise Dubosquet que asumiu as súas funcións dende decembro de 2020 – pois a cerimonia oficial retrasouse-.

 Este prestixioso nomeamento permitirá novas perspectivas para estreitar os vínculos entre Francia e España e, entre Bretaña e Galiza

 

47 COMUNIDADES LINGÜISTICAS DE EUROPA DANSE CITA EN COMPOSTELA.

 

 

O MUSEO DO POBO GALEGO ACCOLERÁ OS DIAS 12 E 13 A ASAMBLEA XERAL DA REDE EUROPEA POLA IGUALDAD DAS LINGUAS.

 

Os pasados 12 e 13 de novembro de 2021 tivo lugar en Santiago de Compostela a Asemblea Xeral da Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN), unha entidade para a protección das linguas europeas minorizadas, na que están representadas 47 comunidades lingüísticas, a través de 168 entidades de 23 Estados europeos. No transcurso da Asemblea tratáronse diferentes temas relacionados coa política lingüística, tanto a nivel europeo como dos diferentes estados a nivel particular. No que atinxe ao idioma galego, ELEN reclamou publicamente que os gobernos galego e español atendesen as recomendacións do Consello de Europa no que respecta ao cumprimento da Carta. En concreto, solicita que se derogue o Decreto do Plurilingüismo e se garanta a igualdade de todas as linguas cooficiais do Estado na futura Lei do Audiovisual. Para ampliar información, preme aquí.

As delegadas e delegados de ELEN tratarán, entre outros temas, a cuestión do galego, do euskara e do catalán na Lei do Audiovisual do Estado español; a crise en Francia despois da sentenza do tribunal constitucional sobre a Lei Molac, que socava a inmersión lingüística na educación, e a apelación presentada ao respecto por ELEN perante a ONU; a Lei da Lingua Irlandesa nos 6 condados e cando chegará ao Parlamento británico; e o fracaso xeral da Unión Europea para actuar en defensa das nosas linguas.

 

As delegadas e delegados de ELEN tratarán, entre outros temas, a cuestión do galego, do euskara e do catalán na Lei do Audiovisual do Estado español; a crise en Francia despois da sentenza do tribunal constitucional sobre a Lei Molac, que socava a inmersión lingüística na educación, e a apelación presentada ao respecto por ELEN perante a ONU; a Lei da Lingua Irlandesa nos 6 condados e cando chegará ao Parlamento británico; e o fracaso xeral da Unión Europea para actuar en defensa das nosas linguas.

 

Ar Redadeg prepara a súa chegada a Vannes

Ar Redadeg prepara a súa chegada a Vannes - COMITÉ BRETAGNE-GALICE

 

A Redadeg terá lugar do 20 ao 28 de maio do 2022. É unha carreira de relevos que pretende xuntar a xente ao redor da lingua bretoa. « A edición do 2022 percorrerá simbólicamente 2022 km » indica Jerald Ar Gov, copresidente da Redadeg. Os corredores non serán únicamente bretón-falantes, máis as animacións ao longo do recorrido fáranse en bretón. Está vez, o tema elixido é «A Bretaña de tódolos xéneros » co que procurarase por en evidencia a tranmisión desta lingua a través das mulleres.

Todos podemos participar mercando kilómetros : os cidadáns individuais (100 euros), os profesionais (250 euros ou máis) e as autoridades locais ( de 250 a 350 euros). O 50 % dos fondos recollidos serán afectados ás escolas Diwan e o resto dedicáranse a diversos proxectos que apoiarán a lingua bretoa. Durante a chegada a Vannes, organizada por Ti ar Vro, a manifestación acollerá a alumnos bilingües e contarná con un taller de canto que terá a oportunidade de acompañar o escola de música de Vannes, un concerto, que contará seguramente con máis mulleres ca homes tendo en conta o tema deste ano, un Fest-Noz…

www.ar-redadeg.bzh

“A Bretaña que está en nós”

“A Bretaña que está en nós” - COMITÉ BRETAGNE-GALICE

A asociación cultural Vagalumes da Estrada (Pontevedra) diante da situación de emerxencia que sufre o patrimonio, lanza unha iniciativa de protección e promoción dos bens da comarca baixo o nome ProxectOuzaMerxe que se inicia coa exposición de fotos e debuxos “A Bretaña que está en nós” ao redor da obra de Castelao “ As cruces de pedra na Bretaña”. Empezou o 26 de novembro cunha charla con Xoán Carlos Garrido da A.C. Vagalumes que falou dos cruceiros da Estrada, Pablo Porta, dos debuxos de Castelao e Isabelle Kerdudo, das relacións entre Bretaña e Galiza. Esta exposición pódese ver actualmente na Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela onde se deron charlas sobre o tema en francés e galego desde os Departamentos de francés e galego e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Este proxecto conta coa colaboración do Museo de Pontevedra e coa axuda económica da Deputación de Pontevedra.